Category Archives: Emprender alugar

Véndese ou alúgase granxa de porcino en Carral (A Coruña)

Véndense ou alúganse instalacións acondicionadas para a reprodución de cría de leitóns até 20 kg de peso, distribuída en 4.405 metros cadrados en 5 naves, oficina, vestiarios, almacén, ... leira independente de 7365 metros cadrados e casa unifamiliar. A granxa pechouse este mesmo ano por xubilación. Atópase situada no termo municipal de Carral e conta cun bo acceso. Prezo negociable. Para máis información chamar ao 686 093 406.

Véndese ou alúgase finca e invernadoiro para produción de horta en Moeche

A finca ten unha superficie de 23.000 metros cuadrados e o invernadoiro multitunel 2.000 No concello de Moeche, na parroquia de Labacengos, Viveros Las Torres vende ou aluga as súas instalacións, compostas por unha finca de 23.000 metros cadrados e un invernadoiro multitunel de 2.000 metros cadrados. A finca estivo alugada estes dous últimos anos e o contrato finaliza en decembro, polo que volve estar dispoñible para aquelas persoas interesadas na produción de horta así como de plantel, xa que as instalacións contan con autorización como semilleiro e viveiro de planta.
A finca conta con certificado para producir en ecolóxico, tanto hortalizas para consumo como plantel para plantación
A parcela está certificada polo Craega e conta co selo para a produción en ecolóxico, polo que non sería necesario esperar a pasar os dous anos de conversión para empezar a comercializar produto ecolóxico. Sistema de rega e control de clima O invernadoiro está dotado con catro ventilacións automáticas conectadas a través dun sistema de control de clima, así como sistema de rega, cunha balsa de 80.000 litros para recollida de auga de choiva e un pozo de barrena para garantir a auga de rega necesaria nos meses de verán ou períodos de ausencia de choivas.
7.000 watios de placas fotovoltaicas garanten a autosuficiencia enerxética da finca
Todo o sistema aliméntase de 7.000 watios de placas fotovoltaicas para autoconsumo, non conectadas á rede, que garanten a autosuficiencia eléctrica da finca, tanto do sistema de climatización do invernadoiro como das dúas bombas de rega. Viveros Las Torres estivo durante 7 anos dedicado á produción de horta así como de planta ecolóxica, sobre todo de variedades de tomate propias da zona. Tras estar alugadas durante os últimos dous anos, dan novamente todo tipo de facilidades ás persoas interesadas en comprar, alugar ou subscribir un alugueiro con opción de compra para as instalacións. As persoas interesadas poden contactar con Soraya no teléfono 616 081 407.

Véndese moderna gandería de vacún de leite en Oza-Cesuras

Véndese gandería de vacún de leite, fincas e vivenda no concello coruñés de Oza-Cesuras por xubilación do titular e falta de relevo xeneracional. Estas son as características: - Ubicación: Parroquia de Rodeiro, concello de Oza-Cesuras, A Coruña - Superficie: 64 hectáreas, das cales 30 ha. son en propiedade (incluidas na venta) e o resto son arrendadas, cuio arrendamento se pode prorrogar tras a venta. - Animais: 80 vacas en produción actualmente, ás que hai que engadir 10 vacas secas e 20 novillas, para un total de 110 cabezas. Todas elas incluiríanse na venta. - Instalacións: Nave 1 para vacas en produción con 95 plazas (con posibilidade de ampliar de forma sinxela)  e nave 2 para recría e vacas secas con 30 plazas. - Manexo: Vacas en produción con manexo intensivo actualmente, pero con posibilidades de transformación a réxime extensivo/ecolóxico debido á proximidade da práctica totalidade das parcelas á gandeiría e á súa elevada extensión. Vacas secas e xovencas en réxime semiextensivo todo o ano. - Gandeiría ubicada en zona de concentración parcelaria, con parcelas de extensión elevada e ubicadas todas no entorno da gandería. Para máis información. Telf. 647507475

Traspásase explotación de coellos en funcionamento en Catoira

Traspásase explotación gandeira en funcionamento no concello de Catoira. Actualmente está acondicionada para coellos, pero podería reconvertirse para ser destinada a outra actividade gandeira. A explotación atópase en Coaxe e dispón de 6 naves, que suman uns 1.500 metros cadrados totais construídos. Existe a maiores posibilidade de alugar unha parcela de terreo de 500 metros cadrados ao lado das naves actuais. Na actualidade esta explotación cunícola conta con 800 nais, aínda que ten capacidade para ampliar o número de reprodutoras até as 1.300. Entre o gando co que conta actualmente hai nais preñadas, outras con crías e engorde listo para vender, o que posibilita continuar xerando ingresos da actividade desde o mesmo momento inicial. Ao mesmo tempo, a explotación conta tamén cunha elevada carteira de clientes para vendas de abono. Os interesados poden chamar, preferentemente polas mañás ou durante as fins de semana, ao teléfono 649 346 422 (Manolo). A explotación consta de seis naves cunha superficie total construída de 1.500 metros cadrados Neste momento hai 800 nais, pero a capacidade das instalacións permite acoller a 1.300 reprodutoras
 
A explotación cunícola que se traspasa atópase en Coaxe, no concello de Catoira  

Alúgase ou véndese moderna gandaría de vacún de leite en Rodeiro

Alúgase ou véndese unha moderna gandaría de vacún de leite en Rodeiro (Pontevedra), construída no ano 2009. Nave para 60 vacas en produción, fosa de xurro de 600 metros cúbicos, 3 silos de 40X6 metros, instalacións para vacas secas coas condicións adecuadas para o seu manexo, sala de muxido de 10 puntos con retirada e medición automáticas. A nave está dentro dunha parcela de 3,9 hectáreas. Acceso directo desde a vía pública. Actualmente atópase en funcionamento e en moi boas condicións coa posibilidade de poder ampliar. Opción de dispor tamén da base territorial da explotación, unhas 30 hectáreas de terreo nun radio próximo. Opción de venda ou de aluguer. As persoas interesadas chamar ao 661443199

Alúgase explotación gandeira en Paradela (Lugo)

Alúgase explotación gandeira de vacún no concello lucense de Paradela. Establo de 900 metros cadrados con 62 cubículos, sala de muxido de 10 puntos, e 2 naves anexas para recría con 250 metros cadrados cada unha. Dous tanques de frío de 2.200 e 1.000 litros de capacidade e muíño de cereal para tractor. Silo de almacenaxe de cereal con capacidade para 10 toneladas. Fosa de xurro cuberta con capacidade para 700.000 litros e 3 silos de cemento para a forraxe, con medidas 30x7x2 metros. Base territorial de 20 hectáreas de terreo en 5 parcelas cercadas todas elas e con auga, a máis afastada está a 300 m da granxa Persoas interesadas chamar ao 699045144 (Eliseo).