Category Archives: Emprender formación

Curso en Lugo sobre “Comunicación forestal coas novas tecnoloxías”

O vindeiro 21 de novembro impartirase en Lugo un curso sobre "Comunicación forestal coas novas tecnoloxías". A formación, de carácter gratuíto, impartirase na sala muralla da Xunta de Galicia en Lugo de 16h a 21h, e está incluída dentro do programa de outono de "Cadeiras de Divulgación Forestal" organizado polo Distrito Forestal IX Lugo-Sarria, dentro do plan de formación agroforestal 2023 de AGACAL-Consellería do Medio Rural. Conta coa colaboración de Campo Galego e @eforestal. Destinada ás persoas vinculadas profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coas agricultura, gandería, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, ou con expectativa de incorporación, en especial mozos e mozas do medio rural galego. O curso será desenvolvido por David González Iglesias (xornalista e codirector do xornal dixital agrario Campo Galego) e Celso Javier Coco Megía (enxeñeiro técnico forestal, membro Copernicus Academy e impulsor de @eforestal), e contará cos seguintes aspectos a desenvolver:     • A comunicación forestal nos xornais forestais.     • A divulgación forestal desde as redes sociais. As persoas interesadas poden preinscribirse no seguinte enderezo: https://foagro.xunta.gal/foagro/inscripcion/publica/accionsFormativas Máis información no teléfono 982 828 620, así coma no correo distrito.forestal9@xunta.gal ou en Twiter: @Dist_Forestal9

Descarga aquí a folla de inscripción

Xornada en Lugo sobre produción de carne a base de pasto, unha oportunidade económica

O vindeiro 23 de novembro celebrarase en Lugo a presentación dos resultados do grupo operativo “Carne de vacún a pasto”, un proxecto no que se busca reducir os custos de produción das ganderías de vacún de carne cunha alimentación do gando o máis baseada posible no pasto. A xornada celebrarase na sala de xunta da Facultade de Veterinaria co seguinte programa: 16:00 horas. Introducción a cargo de Xan Pouliquen Kerlau, coordinador do Grupo Operativo “Carne de vacún a pasto”. 16:30 horas. “Análise da rendibilidade da produción de carne”. Ibán Vázquez Gonzalez, profesor de Economía Aplicada da USC-Campus Terra. 17:00 horas. Mesa de debate: “Vacún a pasto, é posible e é rendible?”. O debate será moderado por Mar Pérez Fra, profesora do departamento de Economía Aplicada da USC. Intervirán: -Abel Fernández López, gandeiro. -Ruth Rodríguez Bermúdez, profesora axudante da área de Produción Animal da Facultade de Veterinaria. -José Gómez Viaño, secretario executivo do Consello Regulador da IXP´s de Carne de Vacún de Galicia. -Santiago Crecente Campo, investigador do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM-AGACAL).

Aberto o prazo do programa CULTIVA 2023 para estancias de novos agricultores e gandeiros en explotacións modelo

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación abriu o prazo de presentación de solicitudes para o programa CULTIVA 2023, que se prolongará até o día 24 de novembro. Este programa, dirixido a novos agricultores e gandeiros, consiste na realización de breves estancias formativas en explotacións modelo repartidas por todo o territorio nacional. Os participantes desta experiencia formativa poderán seleccionar a explotación onde desexen realizar as estancias no catálogo publicado na web do ministerio. Tamén estará dispoñible un buscador onde estarán dispoñibles por territorio, datas e produción agraria. As estancias realizaranse a partir do mes de xaneiro de 2024. Nesta edición ampliouse a posibilidade de participar a profesionais agrarios menores de 41 anos, ou que se instalaron no últimos cinco anos cunha idade inferior ou igual a 40 anos. Tamén se abre a posibilidade de elixir explotacións con producións iguais ou diferentes ás dos solicitantes, independentemente do sector e do territorio. Os gastos de aloxamento, manutención e transporte dos mozos están cubertos polo programa CULTIVA. Ademais, contarán cunha compensación por gastos de substitución para contratar a unha persoa que atenda e xestione a súa explotación durante este período. As máis de 180 estancias ofertadas están organizadas polas entidades colaboradoras do programa: Asociación Agraria Jóvenes Agricultores (ASAJA), Asociación de Criadores de Ganado Porcino Celta (ASOPORCEL), Cooperativas Agroalimentarias de España, Coordinadora de Organizacións de Agricultores y Ganaderos (COAG), San Isidro Micas, Unión de Esueolas Familiares Agrarias (UNEFA), Unión de Pequeños Agricultores y Ganaderos (UPA), e Unión de Uniones de Agricultores y Ganaderos.. Para coñecer mellor as posibilidades e o funcionamento do Programa CULTIVA, vaise a realizar unha xornada informativa online o próximo 8 de novembro a través das canles de comunicación da Rede PAC. É posible acceder a toda a información sobre o evento e o seu link de inscrición na seguinte ligazón.

Expertos forestais analizarán a importancia de recuperar e crear novos soutos de castiñeiros en Galicia

A vindeira semana terán lugar as “XXXIV Xornadas Luis Asorey”, centradas nesta edición nos soutos de castiñeiros como ecosistemas multifuncionais. Desenvolveranse do 13 ao 22 de novembro no salón de actos da Deputación de Lugo (rúa San Marcos, 8), en horario de 19:00 a 21:00 horas. Este ciclo está recoñecido pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades como actividade de formación do profesorado non universitario e está promovido pola Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Deputación de Lugo, coa colaboración do Campus Terra da Universidade de Santiago. O coordinador desta iniciativa é Antonio Rigueiro, catedrático emérito da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría de Lugo (USC), presidente da Asociación Forestal de Galicia e membro numerario da RAGC. Salienta que “o castiñeiro é unha árbore con grande importancia económica, ecolóxica, paisaxística, xenética e cultural na nosa comunidade autónoma, o que nos motivou a dedicarlle este ano as Xornadas Luís Asorey”. O experto asegura que “o Programa estratéxico da Xunta seguramente animará a moitos propietarios forestais a recuperar os seus soutos vellos e a crear novos soutos, por iso as conferencias das xornadas incidirán nalgúns aspectos clave relacionados con este cultivo como a plantación de castiñeiros para producir froito ou madeira, os tratamentos culturais e silvícolas axeitados en cada caso, os soutos como sistemas agroforestais e as distintas producións asociadas aos mesmos, a sanidade, a conservación dos recursos xenéticos do castiñeiro, as variedades apropiadas para a creación de novos soutos ou a comercialización da castaña, entre outros”. As xornadas diríxense aos propietarios forestais que desexan realizar plantacións de castiñeiros para producir castañas, madeira ou ámbolos dous produtos, aos técnicos da administración agroforestal e de empresas de servizos forestais, aos estudantes do eido agroforestal, ás agrupacións ambientalistas e ao público sensibilizado con este tema.

Programa do ciclo

A primeira conferencia -luns 13- versará sobre os soutos de castiñeiros como sistemas agroforestais e impartiraa o catedrático Antonio Rigueiro. O 14 Fina Lombardero, profesora de Escola Politécnica Superior de Enxeñaría de Lugo, abordará a sanidade do castiñeiro e da castaña. O 15 tratarase a creación de soutos mansos e plantacións de castiñeiros para madeira, da man do catedrático da EPS de Lugo Roque Rodríguez. O 16 o tema será a conservación de recursos xenéticos do castiñeiro, a través dunha conferencia de Juan Luis Fernández, profesor da EPS de Lugo. O día 20 Beatriz Míguez, do Centro de Investigación Forestal de Lourizán, abordará o material vexetal na produción da castaña. Na seguinte xornada, Jesús Quintá, xerente de Alibós -unha das principais empresas transformadoras de castañas en Europa- e presidente da Indicación Xeográfica Protexida “Castaña de Galicia”, centrarase na comercialización e industrialización deste produto. Como remate do ciclo, José Luis Chan, director xeral de Planificación e Ordenación Forestal da Consellería de Medio Rural, explicará o Programa estratéxico do castiñeiro e da produción da castaña.

INSCRICIÓN para participar gratuitamente nestas conferencias

Xornada en Lugo sobre benestar animal en vacún de leite en ecolóxico

Agronovo Ecoloxía e a Asociación de Produtores de Leite Ecolóxico de Galicia organizan o vindeiro día 27 de outubro en Lugo unha xornada formativa sobre benestar animal en vacún de leite en ecolóxico. A xornada é gratuíta e está financiada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo. A formación contará cunha sesión teórica impartida pola veterinaria especializada en Benestar Animal Nina Vázquez Viader. Posteriormente, impartirase un taller práctico para o cal se desprazarán a unha granxa situada en Outeiro de Rei. A sesión teórica será impartida na sala de exposicións do Centro de Artesanía e Deseño (CENTRAD) da vicepresidencia da Deputación de Lugo. Máis información e inscricións no teléfoo 698 956 453 ou a través do correo aplegalicia@gmail.com

Xornada sobre viños de parcela e o exemplo do Priorato

O vindeiro venres, 20 de outubro, celebrarase no concello lugués de Pantón unha xornada técnica sobre os viños de parcela, una tendencia de presente e de futuro para diferenciar e darlle máis valor ao viño. A cita terá lugar ás 18:45 horas na Casa da Cultura de Pantón e na programación destaca a conferencia de Salus Álvarez, presidente do Consejo Regulador da DOQ Priorat, en Cataluña, un referente en España na aposta polos viños de parcela, así como a charla de René Barbier, adegueiro e propietario da adega catalá Clos Mogador. Posteriormente, Diego Rodríguez, da adega Don Bernardino, exporá o caso de diferenciación dos viños de parcela na subzona de Amandi, na DO. Ribeira Sacra. O aforo é limitado, polo que é necesaria previa inscrición a través do código QR ou no seguinte enlace:https://forms.gle/RvNjvmFzzxM9Fud28  Velaquí o programa:

Xornada técnica no Ribeiro sobre manexo sustentable do viñedo e calidade dos viños

A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, centro dependente da Axencia Galega de Calidade Alimentaria da Consellería do Medio Rural, organiza o 25 de outubro unha xornada técnica sobre o manexo sustentable no viñedo e calidade dos viños na denominación de orixe Ribeiro. A formación terá lugar na aula da sede do Consello Regulador da DO Ribeiro situada en Ribadavia. A xornada dispón de 60 prazas e os interesados en asistir xa se poden inscribir presentando un formulario que se atopa na web da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia. Este prazo rematará o 23 de outubro ou cando se completen as prazas dispoñibles. O formulario remitirase cuberto ao correo electrónico evega.medio-rural@xunta.gal. A súa inscrición será confirmada a través do enderezo electrónico. O horario da xornada técnica será de 09,30 horas ata as 13,30 horas e enmárcase dentro dun proxecto da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, impulsado a través das accións de cooperación da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, para difundir os estudos feitos arredor da sustentabilidade da produción. Nesta liña, esta xornada vén motivada pola tendencia global cara o uso de prácticas agrícolas máis sustentables e respectuosas co medio natural, das que os viñedos non son alleos. A intención é reducir o emprego dos produtos de orixe sintética e favorecer outras alternativas naturais para o control de pragas, contribuíndo a preservar a biodiversidade e a obter produtos máis saudables para o consumidor. Os destinatarios desta xornada técnica son os agricultores, viticultores ou gandeiros activos con producións cunha orientación comercial; titulares, asalariados ou con contratos a proba dunha explotación agraria, industria transformadora, asociación profesional ou empresa de servizos agrarios; persoas en idade laboral con expectativas de incorporación ao sector e investigadores relacionados coa actividade -estes últimos sempre que haxa prazas dispoñibles-.

Descargar o formulario de inscrición

 

Curso de agricultura rexenerativa en Redondela

O Sindicato Labrego Galego ofrece a partir do 17 de outubro un curso de formación sobre Agricultura Rexenerativa. A formación impartirase os días 17, 18, 24 e 25 de outubro en Redondela. O prazo para inscribirse remata o día 15 de outubro. Lugar Edificio Multiusos da Xunqueira (Paseo da Xunqueira, s/n, Redondela) Horario 16:30h a 20:30h (16 horas) Máis información e inscricións condado@sindicatolabrego.gal 669 808 418

Amplo programa de formación agrogandeira da EFA Fonteboa para o último trimestre de 2023

Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa, de Coristanco (A Coruña) ven de presentar o seu programa de formación agrogandeira para o cuarto trimestre do ano. Para máis información chamar ao teléfono 981733051 ou enviar un mail a fonteboa@efagalicia.org Velaquí o programa completo:

Xornada sobre as posibilidades de futuro das frondosas en Galicia

A Fundación Paideia Galiza organiza unha xornada sobre as posibilidades das árbores frondosas en Galicia. A xornada levará por nome "Un horizonte cheo de posibilidades para as nosas frondosas" e celebrarase o día 20 de outubro. O encontro será no CEIDA, situado no Castelo de Santa Cruz no Concello de Oleiros. O horario para esta xornada será de 10:00 a 14:30. A conducción deste encontro estará a cargo de Xiana Albor, comunicadora ambiental na Radio Galega e na Televisión de Galicia O programa previsto é como segue: 10:00-10:15 APERTURA Presentación do Convenio de Colaboración entre a Consellería de Medio Rural e o laboratorio de biotecnoloxía vexetal de Galicia, Cultigar. Participan: José Luis Chan Rodríguez. Director Xeral de Planificación e Ordenación Forestal. Xunta de Galicia. Marga Fraga. Directora técnica de Cultigar. Fundación Paideia Galiza. 10:15-11:30 CONFERENCIA Cara unha xestión do monte máis sostible. Participa: Froilán Sevilla. Xefe de Sección Territorial 4ª. Servicio Territorial de Medio Ambiente de Burgos. Junta de Castilla y León. CONFERENCIA A Biotecnoloxía vexetal como ferramenta para o desenvolvemento do sector forestal. Participa: Paloma Moncaleán. Investigadora principal de Neiker. 11:30-12:00 CAFÉ EN REDE 12:00-13:00 MESA REDONDA Os Recursos forestais: Responsabilidade e Rendibilidade. Desafíos e oportunidades do MFR (material forestal de reprodución) a través dos datos. Interveñen: José Martel. Xefe do Servizo de Saúde e Vitalidade do Monte. Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal. As frondosas galegas no foco da investigación. Marga Fraga. Directora técnica de Cultigar. Fundación Paideia Galiza. Da semente á madeira. Plan de Valorización das Masas da Madeira de Frondosas Autóctonas. Xosé Francisco Pedras. Técnico no CIS Madeira da Axencia Galega da Industria Forestal. 13:30-14:30 Traslado e visita á parcela de especies frondosas forestais de alto valor xenético. Viveiro Xunta de Galicia-Santa Cruz. (Recoméndase traer calzado cómodo). 14:30 FIN DA XORNADA

Obradoiro de poda de castiñeiro organizado polo Distrito Forestal Lugo-Sarria

O Distrito Forestal IX Lugo-Sarria organiza un obradoiro de poda de castiñeiro para o 28 de outubro na cidade de Lugo. Concretamente, as aulas impartiranse no polígono industrial das Gándaras. A formación estará a cargo de Pablo Antonio Fraga Gontán, enxeñeiro agrónomo especialista en castiñeiro. Este obradoiro figura dentro dos cursos de formación "Cadeiras de divulgación forestal, Outono 2023". A preinscrición pode realizarse en: https://foagro.xunta.gal/foagro/inscripcion/publica/accionsFormativas Información: distrito.forestal9@xunta.gal 982828620 @Dist_Forestal9

Curso de capacitación en uso do dron para actividades agrogandeiras e forestais

O Centro de Promoción Rural EFA – Fonteboa, de Coristanco (A Coruña), inicia este luns, 9 de outubro, un curso de “Capacitación en Tecnoloxía de Drons para a súa Aplicación Práctica nas Actividades Propias do Agro (Agricultura, Gandaría e Forestal)”, enmarcado dentro do Proxecto Iniciativa Xove da Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia. DronRural é un proxecto destinado a mostrar o potencial tecnolóxico do ámbito agrario e capacitar aos mozos e mozas para que se convertan en protagonistas activos na aplicación e desenvolvemento de tecnoloxías aéreas, como os drons. Os días luns 9 e martes 10 de outubro de 2023, en horario de 10:00 a 19:00 horas, DronRural levará a cabo unha serie de talleres deseñados para capacitar á mocidade no uso e desenvolvemento de drons no medio rural. Estas actividades inclúen: 1. Xornada: “Dron e Medio Rural” O obxectivo desta xornada é dar a coñecer a tecnoloxía dos drons á mocidade e ao público en xeral, destacando as posibilidades que ofrecen na agricultura, na gandaría, no turismo, na topografía e na industria forestal. 2. Xornada: “Piloto de Drons” Esta xornada proporcionará información detallada sobre como obter unha licenza de piloto A1-A3 de forma gratuíta e en liña. Abordaranse aspectos administrativos do proceso e ofrecerase orientación para superar o exame. Ademais, establecerase unha canle de comunicación continua para resolver dúbidas relacionadas coa normativa e as licenzas. 3. Taller: “Crea o teu Dron” Este taller ten como obxectivo capacitar aos participantes para construír drons desde cero, adaptándoos ás súas necesidades específicas e ao entorno rural. Os asistentes aprenderán a construír drons de carreiras, drons xenéricos para fotografía/videografía e drons de carga capaces de transportar cargas máis pesadas. Estes talleres son só unha parte dos esforzos de DronRural para capacitar á mocidade en tecnoloxía aérea, mellorar a percepción do medio rural como un lugar de futuro socioprofesional e fomentar o emprendemento en actividades relacionadas coa tecnoloxía. DronRural representa unha oportunidade única para que a mocidade do medio rural se converta en líderes na aplicación e desenvolvemento de tecnoloxías aéreas, contribuíndo así ao progreso e á revitalización das comunidades rurais.

Máis información: josemanuel.campos@efagalicia.org

Obradoiro práctico de sanidade vexetal no cultivo do castiñeiro

O Servizo de Explotacións Agrarias de Ourense organiza un obradoiro práctico sobre a sanidade vexetal no cultivo do castiñeiro. A xornada celébrase o vindeiro luns, día 9 de outubro, en quenda de tarde, de 15.30 a 19.30 horas. Polo seu carácter práctico terá lugar nos soutos do concello ourensán de Maceda. O punto de encontro dos participantes é o Castelo de Maceda. No curso abordarase o seguimento fitosanitario das plantacións de castiñeiro, co obxectivo de lograr mellorar o seu estado sanitario. Explicarase a aplicación de técnicas de prevención e integradas que permitan tanto o seguimento como a curación das principais doenzas. O obradoiro estará impartido por Miguel Ángel Vázquez De la Mata, responsable de Viveiros Castanea Sativa. A xornada está dirixida a persoas que desenvolvan actividades nos sectores agrarios, alimentario e forestal, cuxo ámbito de actuación sexan zonas rurais. As persoas interesadas en participar deben realizar a presolicitude na oficina virtual de Medio Rural. Tamén poden solicitar máis información sobre a xornada enviando un email a jose.manuel.novoa.blanco@xunta.gal ou chamando ó 988 386 516.

Xornada informativa sobre o emprego de fariña de castaña para alimentación animal

A Casa da Cultura de Outeiro de Rei acollerá o 21 de outubro un encontro informativo sobre o valor nutricional da fariña de castaña para o gando, sobre todo para os porcos. O acto está organizado por Campolab. Esta palestra celebrarase coa asistencia de tres relatores. A primeira será a doutora Noemí Echegaray Suárez, doutora en tecnoloxía agroalimentaria e investigadora do CETECA. A súa intervención centrarase na alimentación do porco con castañas e o impacto deste alimento sobre a calidade da carne. A continuación, a doutora en Bioloxía María Begoña de la Roza Delgado, do SERIDA, explicará a influencia da castaña como alimento complementario para o mantemento dos porcos celtas en réxime extensivo. Seguidamente, Pablo Antonio Fraga Gontán, enxeñeiro técnico agrícola, realizará a presentación de Campolab, a nova experiencia que deseña produtos alimenticios con base de castaña, sobre todo a fabricación de produtos para mantemento animal, até a revalorización de subprodutos da transformación deste froito.