Agricultura

Xornada este xoves en Xinzo sobre novas variedades de cereais

Loading ad.
Ad could not be loaded.
22/05/2024 12:34 p.m.

Este xoves, día 23 de maio, celebraranse en  Xinzo de Limia (Ourense) unhas xornadas para mostrar en campo as novas variedades de cereais, testadas por GENVCE (Grupo para la Evaluación de Nuevas Variedades de Cultivos Extensivos en España). 

A xornada comezará ás 16:30 horas e está organizada polo Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), o INORDE e Patatas Ama. 

Durante a xornada, Luis Urquijo, investigador do CIAM, mostrará os campos de ensaio de 18 variedades de trigo de inverno, 6 variedades de avea e 4 de centeo. 

Loading ad.
Ad could not be loaded.

As persoas interesadas en asistir teñen que presentarse directamente no lugar onde se atopan os campos de ensaio, na seguinte localización: https://maps.app.goo.gl/VL4LwCEZcitQ5VWB8?g_st=ic

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada