12 medallas de ouro para os viños galegos no “Challenge International du Vin”, o máis prestixioso de Francia

Os viños de Galicia logran un total de doce ouros e dúas pratas neste certame vinícola internacional, celebrado en Bordeus -Francia- os días 26 e 27 de abril

Publicidade

challenge du vin cata franciaOs viños galegos lograron 12 medallas de ouro e dúas de prata no concurso internacional de viños Challenge International du Vin 2024, unha cita celebrada no Pazo de Congresos de Bordeus (Francia) o venres e sábado da pasada semana.

Premiados da D.O. Ribeiro:

MEDALLA DE OURO
Adega do Moucho 2020 de Francisco García Pérez
Cuñas Davia A Xiada 2023 de Adegas Valdavia
Laudes 2022 de Lázaro Moreno Sotelo
Ramón do Casar Nobre 2022 de Ramón do Casar
Ramón do Casar Varietal 2022 de Ramón do Casar

MEDALLA DE PRATA
Cunqueiro III Milenium 2022 de Bodegas Cunqueiro
Pazo Tizón blanco 2022 de Pazo Tizón

Premiados da D.O. Valdeorras:

MEDALLA DE OURO
Guitián sobre lías Blanco 2022. Bodegas A Tapada.
Guitián fermentado en barrica. Blanco 2022. Bodegas A Tapada.

Premiados da D.O. Monterrei:

MEDALLA DE OURO
Abeledos Godello 2023. Bodega Abeledos S.L.

Premiados da D.O. Rías Baixas:

MEDALLA DE OURO
As Laxas 2023. Bodegas As Laxas.
Val do Sosego Albariño 2023. Bodegas As Laxas.
Nº12 by Paco & Lola 2023. Bodegas Paco & Lola
Espumoso Pedras Rubras Millesime 2014. Adegas Valtea

Challenge International du Vin

O Challenge du Vin, con máis de 47 anos de experiencia, é o concurso internacional de viños e augardentes máis antigo organizado en Francia e esta edición reuniu a 600 catadores de máis de 20 nacionalidades para analizar un total de 4.500 mostras. Esta competición, organízase en forma de cata a cegas (sen coñecer a marca) coa particularidade de que cada xurado de catadores está composto por catro membros: un técnico, un produtor, un distribuidor e un consumidor experto, deste xeito, os viños premiados son a expresión do gusto do consumidor.

Consulta aquí todos os resultados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información