¿En que países da Unión Europea as vacas producen máis leite?

A produción media de leite por vaca e ano na Unión Europea situouse no 2022 -o último dato dispoñible- en 7611 quilos de leite, aínda que con importantes diferenzas segundo os estados. Así se recolle nun informe publicado polo Observatorio Lácteo da UE, organismo dependente da Comisión Europea de Agricultura.

producion leite por vaca ue 2022

Sen embargo, as disparidades entre os estados son notables, segundo o sistema de manexo do gando (en pastoreo ou estabuladas), o nivel xenético do rabaño..etc. Así, España situouse no 2022 como o sétimo país con vacas leiteiras máis produtivas, cunha media de 9204 quilos de leite por animal, por debaixo dos 9424 do ano anterior en boa media debido ao contexto de subida dos pensos no primeiro semestre e prezos do leite estancados que levaron a moitos produtores a reducir as entregas.

Na cabeza situáronse os países nórdicos: Dinamarca, con 10187; seguida de Estonia (10128kg), Chequia (9383), Suecia e Finlandia (9288 os dous países) e Holanda, con 9257 litros de media por vaca.

Na parte baixa, que non na menos rendible, atópanse países que apostaron máis por sistemas de alimentación do gando vacún en base a pastoreo, como Irlanda (6031 quilos) ou nos que o sector lácteo está menos desenvolvido como Romanía (3357) ou Bulgaria (3621).

E nunha zona intermedia sitúanse países con sistemas mixtos de estabulación e pastoreo ou nos que prima a produción de leite con elevada cantidade de sólidos, como Francia (7418 quilos) ou Alemaña (8504 quilos por vaca e ano).

producion leite por vaca ue 2022 2

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información