Festa do Porco Celta en Friol o sábado 4 de maio

O Concello de Friol e Asoporcel patrocinan este encontro

Festa do Porco Celta en Friol o sábado 4 de maio

Este luns tivo lugar a presentación oficial na casa consistorial da sexta edición da festa, que será o sábado 4 de maio. A presentación estivo presidida polo Alcalde, José A. Santos, acompañado de membros do seu Equipo de Goberno, do director técnico de Asoporcel de ASOPORCEL (Asociación de Criadores da Raza Porcina Celta) , e de varios criadores do municipio friolés, e parte da organización da citada festa.

Os organizadores son Antonio Díaz, Manolito Roimil, Óscar Santos, Javier Serén e MVMC Carballo. Colaboran Tres Fuciños, Restaurante Roimil e MVMC Carballo. Patrocinan Concello de Friol e ASOPORCEL.

Esta nova edición da Festa do Porco Celta levarase a cabo o primeiro sábado de maio, no pavillón municipal de Friol. Haberá campionato de tute que dará comezo ás 16:00 h. Ás 20:00 h realizarase unha exposición e venda de produtos de Porco Celta. Ás 20:30 h levarase a cabo unha demostración de corte de xamón realizada por cortador profesional. Haberá tamén un picoteo de benvida ás 21:30 h. Pasando xa á cea ás 22:00 h, con caldo de ósos e cocido de Porco Celta seguindo con baile amenizado por música en directo.

Para poder participar no campionato de tute, que estará reservado a persoas que participen na cea, haberá que inscribirse con antelación e custará 30€ por parella.

O prezo da cea é de 25€ por persoa, tendo que recoller os tickets cos membros da organización, con data límite o domingo 28 de abril. Reservarase mesa para grupos numerosos que a soliciten.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información