Lorena Iglesia Vila, gañadora do Concurso de Preparadores de Feiradeza

O certame abriu o evento que continuará durante a xornada do sábado cos concursos de xatas e xovencas e de vacas, que se emitirán en directo en Campo Galego

Lorena Iglesia Vila, gañadora do Concurso de Preparadores de Feiradeza

A XXIX Feiradeza empezou hoxe co programa de actividades que seguirán durante toda a fin de semana. Na xornada de hoxe tivo lugar o XXIX Concurso de Novos Preparadores de Gando, organizado polo Clube de Xóvenes Ganadeiros de Galicia. A competición foi xulgada polo xuíz Santiago García, gandeiro de Finca La Asunción.

Lorena Iglesia Vila, da gandería Rey de Miñotelo, foi a vencedora do concurso. María Otero Naval, de Fontixón, quedou na segunda posición. Ademais, no certame participaron Claudia López García, de López Fontela; Xabi Montes Vidal, de Anila, e Andrea Otero Naval, de Fontixón.

feiradeza preparadores lorena
Concursos en directo

Mañá, a cita abrirase ás 10:00 horas co concurso das xatas e xovencas para escoller as campioas de Feiradeza e Open Internacional, posto que participan animais nados en toda Galicia, noutras Comunidades e tamén noutros países. Este campionato, do mesmo xeito que o de vacas, será xulgado polo xuíz de CONAFE Julián Rodríguez, gandeiro de Casa Flora (Cantabria). Este certame emitirase en directo a través da canle de YouTube de Campo Galego.

Ás 19:00 horas chega a quenda do concurso de vacas de leite, que conta con algunhas sorpresas e que tamén se pode seguir en directo pola canle de YouTube de Campo Galego.

Ademais, ás 16:00 horas terá lugar o concurso de manexo de tractores e ás 18:00 a mostra da raza Limosina. Para finalizar, terá lugar FestaDeza con petiscos e música en directo.

Durante a xornada haberá unha proba de rodeo americano, ao que convidan a participar a todas as persoas, xa que haberá un premio para a que máis tempo aguante.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información