Montes de Saberes organiza xuntanzas para fomentar o desenvolvemento rural sostible en Galicia

As comunidades de montes de Terras de Lemos e Chantada debaterán sobre a potenciación dos seus recursos nas vindeiras semanas

Montes de Saberes organiza xuntanzas para fomentar o desenvolvemento rural sostible en Galicia

Nas próximas semanas, as Comunidades de Aprendizaxe ‘Montes de Saberes’ realizarán unha serie de xuntanzas en diversas localidades das comarcas de Terras de Lemos e Chantada. Estas reunións forman parte do proxecto Comunidades de Aprendizaxe Rurais Sostibles de Galicia, unha iniciativa cofinanciada polo Fondo Social Europeo Plus e a Fundación MAPFRE, deseñada para fomentar o desenvolvemento e a sostibilidade dos montes galegos.

As xuntanzas terán lugar nos salóns de actos dos concellos de A Pobra do Brollón, Taboada e Sober, respectivamente os días 21 e 28 de maio, e o 4 de xuño. Nelos, debaterase a creación dunha folla de roteiro que servirá como referencia para a funcionalidade e potenciación dos recursos das comunidades de montes. O obxectivo principal é axudar ao posicionamento e fixación da poboación, así como atraer a persoas emprendedoras e empresas ao territorio, reforzando así a economía local.

Están convidados a participar todos os cidadáns, así como persoas especialistas que desexen compartir os seus coñecementos e experiencias. Preténdese que estas xuntanzas sexan un espazo de participación onde se mostren as diversas opcións e a viabilidade económica das comunidades de montes. Para enriquecer o debate e ofrecer unha visión máis ampla sobre as posibilidades do monte común, cada xuntanza contará coa presenza de asesorías ou consultoras forestais, ademais de casos de éxito que exemplifiquen as funcionabilidades posibles.

cartel montes de saberes_page-0001

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información