A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

“Até setembro está aberto o prazo para reclamar contra o Cártel Lácteo, Eskariam ofrece una opción sen ningún risco”

Máis de 7.000 granxas de toda España sumáronse xa á demanda deste bufete especializado contra as industrias lácteas por alterar os prezos de compra do leite en orixe entre os anos 2000 e 2013. Entrevistamos ao avogado David Fernández para coñecer en que estado se atopa o procedemento

David Fernández, CEO de Eskariam

David Fernández, CEO de Eskariam

A Audiencia Nacional ratificou a sanción imposta pola Comisión Nacional do Mercado da Competencia no chamado Cártel do Leite contra algunhas das principais industrias lácteas (Pascual, Lactalis, Nestlé, Schreiber, Celega, Capsa, Danone e Puleva) por pactar prezos e intercambiado información sobre explotacións provedoras.

– Que supón a resolución da Audiencia Nacional para os afectados polo Cártel do Leite?
– As nove resolucións da Audiencia Nacional supoñen a completa confirmación de que houbo un cártel do leite entre os anos 2000 e 2013. Isto dá a ESKARIAM plena viabilidade técnica e xurídica para defender a todos os gandeiros que queiran levar adiante este asunto.

– A partir de aquí, que é o que poden atoparse os gandeiros afectados?
– En vía administrativa teremos que esperar á admisión ou non por parte do Tribunal Supremo dos recursos de casación presentados polas industrias lácteas, sabendo que o Tribunal Supremo non vai entrar xa no fondo do asunto, en se é ou non un cártel, porque iso xa está probado e resolto.

Na vía civil as demandas que interpuxo ESKARIAM en representación dos gandeiros, van cumprindo os seus prazos e as súas expectativas e agora mesmo están practicamente sinaladas todas as audiencias previas e xuízos destas. En función das sentenzas que obteñamos comezaremos a interpoñer novas demandas nos próximos meses.

– Ata cando poden solicitar os gandeiros a paralización da prescrición e así poder sumarse á demanda?
– En ESKARIAM, e respecto dos nosos clientes, sempre fomos conservadores con este aspecto. Actualmente, e á espera dunha cuestión prejudicial ante o TSJUE, hai dúas correntes xurídicas: computar cinco anos desde que se ditou a resolución da CNMC, ou ben computar cinco anos desde que ese ditame adquire firmeza. De resolverse en favor desta segunda opción realmente aínda non comezaría a contar o prazo. Nós como somos conservadores comezamos a contar o prazo desde que se ditou a resolución e, por tanto, o prazo terminaría en setembro de 2024.

– Cal é a proposta de valor de ESKARIAM aos gandeiros?
– ESKARIAM cobre o cento por cento do gasto e o risco que conleva o litixio, e só cobra se gaña o preito. Lembremos que este tipo de litixios precisan duns avogados especialistas, pero tamén duns economistas para determinar o dano sufrido polo gandeiro. É moi importante que os avogados que leven os casos sexan especialistas en dereito da competencia. No noso caso contamos co despacho americano Hausfeld, Hitching&Co, que son despachos con moitísima experiencia neste sector. En canto aos economistas, nós contamos co respaldo de Compass Lexecom. En ESKARIAM, ademais de todo isto, tamén cubrimos o risco dunhas posibles costas do proceso.

– Que documentación necesita un gandeiro para poder iniciar a tramitación da súa demanda?
– Con ESKARIAM ao gandeiro chégalle con asinar a folla de encarga e solicitar o FEGA. Grazas aos miles de gandeiros que xa confiaron en nós, dispoñemos dun marco de determinación de dano detallado por zonas que nos permite deseñar a súa pericial.

Entre 3 e 4 céntimos por litro de leite entregado entre os anos 2000 e 2013 máis intereses

Acto informativo celebrado de Agromuralla sobre o Cártel do Leite celebrado este xoves en Lugo

Acto informativo de Eskariam sobre o Cártel Lácteo en Lugo

Trala confirmación por parte da Audiencia Nacional, en 9 sentenzas da sala do contencioso-administrativo comunicadas o pasado 21 de febreiro, da existencia dun Cártel Lácteo entre os anos 2000 e 2013 do que formaban parte algunhas das principais empresas por volume de recollida, Agromuralla asegura que “o xogo sucio por parte da industria e a distribución continúa”.

A contía económica que podería corresponder a cada granxa sería de entre 3 e 4 céntimos por litro de leite vendido á industria entre os anos 2000 e 2013, máis os intereses correspondentes, que poderían mesmo duplicar esa cantidade.  

As indemnizacións poden acadar, fácilmente, os 300€ por vaca

As granxas que estaban en activo neses anos, independentemente de que a día de hoxe teñan ou non actividade, poden reclamar eses cartos. Non é necesario tampouco que entregaran o leite a algunha das 8 empresas multadas no 2019 pola Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia por intercambiar información co ánimo de pactar prezos e provedores (un comportamento anticompetencia ratificado agora pola Audiencia Nacional), senón que aínda que se vendera leite a outra industria as 8 que formaban o Cártel do Leite (Pascual, Lactalis, Nestlé, Schreiber, Celega, Capsa, Danone e Puleva), estas terían que facerse cargo de maneira solidaria da indemnización, pois todas as granxas, as que elas recollían es as demais, teríanse visto afectadas pola baixada de prezo pactada. 

 

Máis de 50.000 granxas afectadas, a metade en Galicia

A asociación, con presenza sobre todo na provincia de Lugo, onde estarían a maior parte dos afectados, recomenda aos gandeiros que aínda non presentaron reclamación que o fagan. O prazo legal para interpoñer as correspondentes demandas pola vía civil en concepto de danos e prexuízos continúa aberto até o mes de setembro, logo de que o Tribunal Superior de Xustiza da Unión Europea sentara xudisprudencia ao respecto ampliando o prazo de prescrición inicial, que finalizaba en xullo do 2020.

Poden interpoñer demanda explotacións que xa pecharon ou aquelas que entregaran o leite a unha industria que non pertencera ao Cártel

As reclamacións teñen que ser individuais e o proceso prevese aínda longo, de entre 2 e 6 anos para coñecer as primeiras resolucións dos tribunais, pois trala resolución da Audiencia Nacional espérase que as industrias recurran agora ao Tribunal Supremo.

Neste momento máis de 12.000 granxas en toda España, 7.000 delas en Galicia, teríanse sumado a algunha das reclamacións en marcha, pero moitas outras poderían tamén presentar demanda, xa que se estima en máis de 50.000 as granxas afectadas polo Cártel do Leite, todas as explotacións con entregas que había no período 2000-2013. Arredor da metade destas ganderías estarían en Galicia.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *