Sobe o prezo do vacún maior en Silleda

Recuperouse a normalidade na Central Agropecuaria de Galicia e, aínda que a tendencia foi á baixa, o vacún maior rexistrou subas en todas as categorías

Sobe o prezo do vacún maior en Silleda

A Central Agropecuaria de Galicia volveu hoxe á normalidade tras dous martes sen levar a cabo as poxas completas. Nesta xornada, os prezos en xeral descenderon, menos no vacún maior, que rexistrou subas en todas as categorías.

En canto á afluencia de gando, pasaron polo recinto un total de 1.195 animais, dos cales foron adxudicados 1.132.

Prezos do gando
A continuación, facemos un repaso polas distintas seccións do gando vacún para coñecer a evolución dos prezos, aínda que fai falta ter en conta que se trata de prezos medios e que o valor dos exemplares estará condicionado tamén por outros factores.

Nas becerras de recría da raza frisoa, as de 15 a 20 días cotizáronse a 149 euros, 15 euros menos que a pasada semana; as de 21 a 50 días a 192 euros, baixaron 7 euros, e as de máis de 50 días a 215 euros (-1 euro). En canto aos animais de cruzamento industrial, os máis novos quedaron cun valor medio de 382 euros (-101 euros); os de 21 a 50 días chegaron aos 429 euros (-8 euros) e os máis adultos alcanzaron un prezo medio de 630 euros (- 41 euros).

11_06_2024_page-0001

Nos becerros carniceiros, os machos de cruzamento industrial subiron 14 euros con respecto á poxa do 21 de maio e alcanzaron un valor medio de 1.094 euros; mentres que as femias baixaron ata os 740 euros (-83). Pola súa banda, os de Rubia Galega vendéronse a 1.303 euros de media os machos, o que supón unha baixada de 27 euros, mentres que as femias subiron 31 euros, ata os 1.093 euros. Os animais comercializados baixo o selo de Ternera Gallega Suprema incrementaron 8 euros o seu valor e que fixan unha media de 1.135 euros por animal.

No vacún maior houbo suba en todas categorías con respecto á semana do 21 de maio. Na categoría extra, o prezo subiu 51 euros e alcanza unha media por animal de 2.167 euros. Os animais de primeira pasaron a cotizarse a 1.151 euros (+4 euros) e os de segunda a 777 (+23 euros). Finalmente, os de desfeito tamén subiron o seu prezo en 23 euros e alcanzan un valor de 485 euros. Os animais na marca Vaca e Boi de Galicia cotizáronse a 2.173 euros e rexistran un descenso do valor de 381 euros.

Mesas de prezos
As mesas de cotizacións do porcino mantéñense igual que a pasada semana. Así, o porco selecto queda nos 1,845 euros; o normal en 1,82 euros e o de Canle II nos 2,364 euros. Os animais de descarte cotízanse entre 0,92 e 0,98 euros o quilo.

11_06_2024_page-0002

Nos leitóns, os exemplares chegados dunha única granxa están nos 88 euros (cun prezo de 4,4 euros o quilo) e os animais procedentes de varias ganderías cotízanse a 83 euros e cun prezo por quilo de 4,15 euros.

O mercado do ovo mantense igual que a semana pasada: os da XL 2,83 euros; os da L en 2,24 euros; os da M en 2 euros e, finalmente, os da S en 1,7 euros.

O prezo do coello mantense igual e está nos 2,2 euros o quilo segundo a Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información